Belén do Campo participa no acto conmemorativo do Día da Delegación de Defensa en Galicia
A Coruña, 14 de novembro de 2025
A delegada da Xunta, Belén do Campo, asistiu hoxe ao acto conmemorativo do Día da Delegación de Defensa en Galicia, celebrado con motivo do seu XXIX aniversario.
Durante o evento se impuxeron as condecoracións, realizouse a entrega dos títulos aos reservistas honoríficos, a despedida do persoal propio e a entrega de distincións a institucións. Ademais, levouse a a cabo a lectura da carta gañadora do concurso literario escolar “Carta a un Militar”, por parte de Irati Sendín Antón, alumna de 4ª de ESO do colexio internacional Eirís da Coruña. O evento rematou coa homenaxe aos que deron a súa vida por España.
A delegada da Xunta felicitou aos galardoados e destacou “a importancia do labor que desenvolve a Delegación de Defensa en Galicia como punto de unión entre as Forzas Armadas e a sociedade civil galega”.