Extinguido o incendio forestal do concello lucense de Ourol, parroquia de Merille

O lume afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2026

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello lucense de Ourol, parroquia de Merille, quedou extinguido ás 19,49 horas de hoxe.

Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.

Data de actualización: 31/07/2026