Arias participa na inauguración en Meira da mostra sobre o traballo do exército ‘Misión: Afganistán’
2025-11-21
/documents/35297/1922029/Expo+Meira+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 21 de novembro de 2025
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe en Meira na inauguración da exposición itinerante Misión: Afganistán, e agradeceu á Subdelegación de Defensa que “traia á provincia esta iniciativa que axuda a comprender o traballo do Exército e o importante labor que desempeña nas operacións internacionais”.
A mostra está composta por unha trintena de imaxes, paneis informativos, uniformes de combate e outro material relacionado coa presencia militar española no país desde 2002 ata finais de 2014. Poderá verse no espazo “O Centro” de Meira ata o 30 de novembro, de luns a domingo en horario ininterrompido e con entrada libre e gratuíta.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 21/11/2025