A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, avanzou hoxe a actuación
A Xunta inviste máis de 900.000€ na conexión dun viario de concentración parcelaria coas estradas autonómicas PO-531 e PO-301 no concello de Vilanova de Arousa
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe esta licitación e establece un prazo de presentación de ofertas ata o vindeiro 14 de xaneiro
A Xunta prevé adxudicar canto antes estes traballos para poder inicialos no vindeiro ano 2026 e desenvolvelos ao longo dun prazo de execución de 12 meses
Trátase de obras en dous puntos distintos, nos extremos, en Ponte Arnelas e en Baión, para dar funcionalidade a un viario de case 5 quilómetros
A intervención inclúe a construción dunha nova glorieta en Baión e a remodelación doutra en Ponte Arnelas, ademais dos ramais de acceso correspondentes
Vilanova de Arousa (Pontevedra), 25 de novembro 2025
A Xunta inviste máis de 900.000€ na conexión dun viario de concentración parcelaria coas estradas autonómicas PO-531 e PO-301, no concello de Vilanova de Arousa.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, achegouse hoxe ata Vilanova de Arousa para dar conta desta actuación.
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe esta licitación e establece un prazo de presentación de ofertas ata o vindeiro 14 de xaneiro.
A Xunta traballa co obxectivo de adxudicar canto antes estes traballos para poder inicialos no vindeiro ano 2026 e desenvolvelos ao longo dun prazo de execución de 12 meses.
Trátase de obras en dous puntos distintos, nos extremos. En Ponte Arnelas conectarase un ramal coa glorieta de enlace coa PO-301, que tamén se remodelará con esta actuación, mentres que en Baión se executará unha nova glorieta para enlazar coa PO-531. Deste xeito, aproveitarase o potencial deste viario de case 5 quilómetros, xa que ata agora non estaba resolta esa comunicación de xeito directo e seguro nestes puntos.
A intervención inclúe a construción dunha nova glorieta en Baión e a remodelación doutra en Ponte Arnelas, ademais dos ramais de acceso correspondentes.
Allegue subliñou que esta actuación proporcionará funcionalidade a este viario, tamén coma alternativa á estrada provincial Baión-András, evitando o paso polos núcleos urbanos.
Subliñou que ademais de reforzar a seguridade de condutores e peóns, diminuirá o tráfico na citada estrada provincial, co consecuente beneficio para a veciñanza.
A conselleira enmarcou esta actuación na liña de traballo que vén impulsando o Goberno galego para acadar unha comunidade cada vez mellor vertebrada e conectada.