María José Gómez reúnese co conselleiro de Agricultura dos Países Baixos para avaliar a posibilidade de establecer vías de colaboración a prol do rural
2025-11-28
/documents/35297/1932217/20251127_mr_paises_baixos.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 27 de novembro de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse hoxe co conselleiro de Agricultura, Natureza e Calidade Alimentaria da Embaixada do Reino dos Países Baixos en España, Machiel Kommers; e coa asesora para a Agricultura, Biodiversidade e Auga, Paulina Coronel. Nesta xuntanza estudaron a posibilidade de establecer vías de colaboración entre ambos territorios a prol do rural.
Así, puxeron en común as diferentes estratexias impulsadas por cada un dos seus departamentos para afrontar retos comúns, como a produción sostible de alimentos ou a remuda xeracional.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 28/11/2025