A Xunta adxudica por 643.341 euros os sistemas de almacenamento automatizado de farmacia do Hospital Montecelo de Pontevedra

Os sistemas automáticos de almacenamento tipo carrusel permiten optimizar o espazo físico, reducir os tempos de preparación de pedidos e diminuír a posibilidade de erros na dispensación

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2025

A Consellería de Sanidade vén de adxudicar o subministro e instalación dos sistemas de almacenamento automatizado de farmacia para o Hospital Montecelo de Pontevedra por un importe de 643.341 euros.

A empresa Algoritmos, Procesos e Deseños S.A. resultou adxudicataria da instalación duns sistemas automáticos de almacenamento -tipo carrusel- que permitirán optimizar o espazo físico dispoñible, reducir os tempos de preparación de pedidos internos e mellorar a precisión no control de stock.

Estes sistemas, ademais, de facilitar a integración cos sistemas de xestión do hospital, melloran o seguimento dos medicamentos e diminúen o risco de erros na dispensación. 

Así mesmo, os equipos automatizados contribuirán a liberar recursos humanos para tarefas de maior valor asistencial, o que reverterá positivamente na calidade da atención farmacéutica.

Data de actualización: 04/12/2025