A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas participou hoxe no acendido das luces de Nadal nesta praza recentemente acondicionada ao abeiro do Plan Hurbe do Goberno galego

A conselleira Allegue pon en valor a colaboración da Xunta co concello de Oroso na remodelación da praza Isaac Díaz Pardo, un lugar de encontro para a veciñanza

Allegue citou a transformación desta praza como exemplo do entendemento entre administracións para acadar actuacións que melloren a calidade de vida das persoas

Cómpre lembrar que esta intervención, cun investimento de 705.000€, acometeuse a través do Plan Hurbe, co que a Xunta financiou o 70% da obra e o municipio, o 30%

A actuación permite dispor agora dunha contorna con preferencia peonil e maior accesibilidade, espazos verdes, iluminación, mobiliario e sinalización do Camiño Inglés

Oroso (A Coruña), 5 de decembro de 2025

A conselleira Allegue pon en valor a colaboración da Xunta co Concello de Oroso na remodelación da praza Isaac Díaz Pardo, un lugar de encontro xa a disposición da veciñanza.

A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, xunto coa directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, participou hoxe no acendido das luces de Nadal nesta praza recentemente acondicionada coa colaboración do Goberno galego.

Citou a transformación desta praza como exemplo do entendemento entre administracións para acadar actuacións que melloren a calidade de vida das persoas.

Cómpre lembrar que a Xunta desenvolveu esta intervención ao abeiro do Plan Hurbe, cuxo obxectivo é cooperar cos concellos para transformar contornas e equipamentos urbanos.  No marco deste convenio, o investimento da actuación acadou os 705.000€, dos que o Goberno galego financiou o 70% e o municipio aportou o 30% restante.

Tras as obras acometidas, a veciñanza de Oroso dispón agora dunha contorna con espazos verdes, nova iluminación e mobiliario, así como sinalización do Camiño Inglés. Ademais, este espazo ten preferencia peonil e gañan en accesibilidade, elementos idóneos para a celebración de eventos como a acendido das luces navideñas que hoxe tivo lugar.

A conselleira María M. Allegue tamén aproveitou a ocasión do encontro de hoxe para felicitar o Nadal a toda a veciñanza do municipio de Oroso.

Data de actualización: 05/12/2025