A Xunta leva aos mercados de Vigo a campaña para reducir o desperdicio alimentario no Nadal

A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, visitou o Mercado do Progreso no marco da iniciativa Nestas datas, que non sobren as sobras!

Vigo, 19 de decembro de 2025

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou este venres o Mercado do Progreso con motivo da campaña de concienciación contra o desperdicio alimentario Nestas datas, que non sobren as sobras!, posta en marcha pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

Esta iniciativa pretende concienciar as familias galegas sobre o impacto que supón o desperdicio alimentario; promover hábitos de compra consciente e responsable e poñer en valos os mercados municipais como espazo de consumo de produtos de proximidade de primeira calidade, entre outras cuestións.

En concreto, esta campaña consiste no reparto de máis de mil culleres de madeira cun código QR a través do que se accede a unha páxina web con receitas de aproveitamento. Este QR tamén estará á disposición da cidadanía nun cartel á entrada de cada mercado. O obxectivo é inspirar elaboracións para aproveitar as sobras do Nadal recuperando os bos hábitos da cultura galega coa actualización de pratos tradicionais.

A campaña se desenvolverá nas vindeiras xornadas en diferentes mercados de abastos de toda Galicia en no caso de Vigo, despois de O Progreso (19 de decembro)  achegarase ao mercado de As Travesas (sábado, 20 de decembro) e tamén O Berbés (mércores, 24 de decembro).

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/12/2025