A delegada da Xunta en Ferrol participa no pavillón da Malata na entrega de premios da segunda xornada da Liga Galega da Kárate
2025-12-20
/documents/35297/1958853/image001.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Ferrol, 20 de decembro de 2025
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá na entrega de premios da segunda xornada da Liga Galega de Kárate que se está a desenvolver durante toda a xornada no pavillón da Malata coa participación de máis de 700 mozos e mozas de entre 4 e 17 anos, procedentes de 38 clubs galegos.
A competición, que se leva a cabo nas modalidades de kata, kumite e kárate adaptado, destacou pola alta participación de clubs locais e de distintos puntos da comarca onde este deporte conta cunha gran tradición, segundo destacou Aneiros.
Data de actualización: 20/12/2025