A campaña 'Doa sangue. O mellor agasallo' da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visita este Nadal preto dun cento de concellos galegos
A ADOS lembra a necesidade de obter, diariamente, ao redor de 400 doazóns de sangue para garantir as reservas dos diferentes compoñentes sanguíneos
Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2025
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) salienta que un cento de concellos galegos están a recibir a visita das unidades móbiles de doazón durante o período de Nadal. A campaña especial “Doa sangue. O mellor agasallo” tenta sensibilizar á cidadanía da importancia de participar activamente doando sangue para garantir a obtención de ao redor de 400 doazóns diarias. Este volume de doazóns resulta preciso para acadar o mantemento en niveis axeitados das reservas dos distintos compoñentes sanguíneos.
A ADOS lembra que os períodos vacacionais soen rexistrar un descenso na participación dos doantes e, ademais, estes meses do ano coinciden co pico da vaga de gripe e un aumento de enfermidades víricas respiratorias, polo que moitas persoas non poden doar sangue ata a súa recuperación.
Onde doar
Co obxectivo de incrementar a participación dos doantes, a ADOS está a realizar un importante esforzo organizativo, aumentando as campañas de doazón nos meses de decembro e xaneiro, cunha importante presenza das unidades móbiles nos barrios das sete grandes cidades galegas e nos concellos cunha elevada taxa de participación.
Desde a Axencia anímase a doar sangue a todos os galegos e galegas, polo que lembra que as unidades móbiles da ADOS efectuarán os seguintes desprazamentos:
|
DATA |
DESPRAZAMENTOS |
|
Martes 23 de decembro |
Barrio Los Rosales (A Coruña), Coristanco, Ortigueira, Padrón, Praza Maior (Lugo), Sarria, O Barco de Valdeorras, Arcade, Gondomar e Pontecesures. |
|
Mércores 24 de decembro |
Milladoiro (Ames), Barrio Monte Alto e Cantón-Obelisco (A Coruña), Narón, Alameda (Santiago), Praza Maior (Lugo), Rúa do Paseo (Ourense), Zona Ferraría (Pontevedra) e Cabral, Rúa Príncipe e Barrio Coia (Vigo) |
|
Venres 26 de decembro |
Cee, Cedeira, Barrio Monelos-Castrillón (A Coruña), Rianxo, Serra de Outes, Vilalba, O Carballiño, As Neves, A Estrada e Tui |
|
Sábado 27 de decembro |
Marineda City (A Coruña), Rianxo, A Estrada e Tui |
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto: 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.