A delegada da Xunta en Ferrol aborda coa agrupación de AAVV da Zona Rural asuntos de interese para os veciños da zona

Ferrol, 2 de xaneiro de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co presidente da Agrupación de Asociacións de Veciños da Zona Rural, Manuel Sendón, co fin de coñecer as demandas da entidade con respecto á Administración autonómica na zona.

Durante o encontro, no que tamén participaron os membros da entidade Luís Casas, Fernando Candales, Anabel Bello e Luís Fraga, abordáronse asuntos vinculados ao estado e mantemento das infraestruturas sanitarias, entre outros temas.

Esta reunión, coa que a delegada territorial abre a súa axenda o ano, enmárcase dentro da rolda de contactos que vén mantendo de maneira periódica cos diferentes axentes socias e o tecido económico da zona coa finalidade de coñecer de primeira man as demandas e necesidades desta área territorial.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/01/2026