A Xunta apoia con 12.000 euros actuacións de mellora da eficiencia enerxética do local social da A.V. Santa Uxía de Mandiá, en Ferrol

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o inmoble para supervisar os traballos de substitución das carpinterías metálicas con cargo ao Plan específico de acción comunitaria da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá a A.V. Santa Uxía de Mandiá para supervisar o resultado dos traballos acometidos con cargo a unha subvención do Plan específico de acción comunitaria que concede a Consellería de Presidencia Xustiza e Deportes.

A entidade percibiu unha axuda autonómica de 12.000 euros para a substitución das carpinterías metálicas do seu local social -catro portas e unha ventá- por outras de PVC con rotura de ponte térmico, coa finalidade de mellorar o confort do inmoble, tanto a nivel de illamento térmico como acústico e mellorar tamén a eficiencia enerxética do mesmo.

A A.V. Santa Uxía de Mandiá é unha das 16 asociacións veciñais da área territorial beneficiarias en 2025 das axudas do Plan específico de acción comunitaria a través do que o Goberno galego expresa o seu compromiso co asociacionismo local e que deixou unha achega de 146.456 en subvencións na zona. A través deste programa que xestiona de maneira directa a Dirección Xeral de Administración Local, a entidade veciñal leva percibidos máis de 32.000 euros en axudas desde o ano 2020.

O Plan específico de acción comunitaria, creado en 2016, estivo dotado o pasado ano con catro millóns de euros -un millón máis que a convocatoria de 2024, cun incremento do 33,3%- para estas subvencións anuais. Destínanse 3,4 M€ para obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais sociais onde as entidades veciñais e de mulleres rurais desenvolven a súa actividade e para obras de mellora, reforma e reparación de infraestruturas e instalacións das traídas de auga comunitarias promovidas por comunidades de usuarios de augas e os restantes 600.000 euros para a adquisición de equipamento.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/01/2026