A Xunta inviste 30.000 euros na substitución de parte das carpinterías exteriores do CPI a Xunqueira, en Fene

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o centro educativo para supervisar o resultados das obras coas que se mellorará a eficiencia térmica das instalacións

Lembra que o investimento do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica no ámbito territorial no que se inclúen as obras de ampliación do CPI As Mirandas (Ares) e o cambio de cuberta do CEE Terra de Ferrol, ambas en execución, elévase a 16 M€

Fene (A Coruña), 9 de xaneiro de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada da alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, visitou esta mañá as instalacións do CPI A Xunqueira, de Fene, coa finalidade de supervisar o resultado das actuacións de mellora da eficiencia enerxética acometidas no inmoble pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP.

Os traballos, cuxo coste ascendeu a pouco máis de 30.000 euros, consistiron na substitución de parte da carpintería exterior do inmoble. Concretamente mudáronse un total de dez ventás instalando unhas novas de aluminio anodizado natural con apertura oscilobatente, rotura de ponte térmico e persianas en caixón monoblock de lamas de aluminio.

Aneiros lembrou que esta é unha das actuacións levadas a cabo no marco do Plan de Benestar e Accesibilidade na escola (Plan BEN_Estar 2025) que, como todos os anos, intensifícanse no período estival coa finalidade de interromper o menos posible o funcionamento diario dos centros educativos.

A estas actuacións de menor envergadura, súmanse outras de maior calado que elevan ata os 16 M€ o investimento do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica no ámbito territorial, onde actualmente avánzase na execución de dúas grandes intervencións, a ampliación do CPI As Mirandas, en Ares, cun orzamento superior aos 3 M€ e o cambio da cuberta do CEE Terra de Ferrol, valorada en preto de 600.000 euros. A estas obras hai que sumar a reforma do IES Sofía Casanova (1,3 M€) e as rehabilitacións integrais do CIFP Leixa (1,8 M€) e do CEIP A Gándara, de Narón, recentemente licitadas e que se acometerán este mesmo ano.

Aneiros destacou que no marco deste plan executáronse xa actuacións de tanta relevancia como as rehabilitacións integrais do CEIP Almirante Juan de Lángara y Huarte (1,4 M€) e do IES de Catabois (762.000€).

Ademais, lembrou que están comprometidas para o futuro a ampliación do CIFP Ferrolterra (2,5 M€), a reforma da cuberta do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (700.000 €), a pista cuberta do IES Ricardo Carvalho Calero (650.000€), a do IES Concepción Arenal e o pavillón do IES Ferrol Vello (ambas con orzamento aínda por concretar).

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/01/2026