O delegado da Xunta en Ourense preside a primeira comisión territorial de coordinación do ano no Arquivo Histórico provincial de Ourense

Ourense, 13 de xaneiro de 2026

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, presidiu esta mañá unha nova Comisión Territorial de Coordinación da Delegación, a primeira do ano 2026, que contou coa participación dos directores territoriais das distintas consellerías.

Durante a reunión de traballo, que se desenvolveu por primeira vez no Arquivo Histórico Provincial de Ourense, o delegado fixo un repaso polo estado de tramitación das principais actuacións que o Goberno galego está a impulsar nesta área territorial. Ademais fixáronse tamén as prioridades de cara o primeiro trimestre do ano.

Manuel Pardo valorou moi positivamente o desenvolvemento deste tipo de comisións, “xa que serven para flúa máis dinamicamente a información de xeito transversal entre os distintos departamentos, analizar entre todos a casuística que se está a producir nos concellos da provincia e atopar as mellores solucións”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/01/2026