Santiago Villanueva visita ao alumnado da 18ª promoción de Policía Local que se está a formar na AGASP
2026-01-14
/documents/35297/1994935/20260114VisitaAlumnadoAgasp+%287%29.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe o alumnado da 18ª promoción de Policía Local que se está a formar desde comezos deste mes na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp). Desta nova promoción forman parte os aspirantes que superaron o proceso selectivo unitario para optar un cento de prazas da categoría de Policía Local en 36 concellos, ás que se suman prazas doutros municipios que convoquen vacantes á marxe das oposicións unificadas.
Data de actualización: 14/01/2026