Diego Calvo reúnese cos alcaldes de Ordes e Ribeira

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, mantivo senllas reunións coa alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e co alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e a concelleira de Política Social, Igualdade, Diversidade Educación e Traballo e presidenta da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ordes, Susana García. En ambos os encontros abordáronse as principais necesidades dos municipios e avaliáronse posibles vías de colaboración no marco do compromiso da Xunta coas entidades locais. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/01/2026