Lorenzana salienta o potencial do sector termal para atraer inversións e fixar poboación no rural

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2026

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou esta mañá as potencialidades do sector termal en Galicia para a dinamización económica dos concellos que contan con este tipo de recursos e para fixar poboación no rural. Unha industria na que, tal e como lembrou, Galicia foi pioneira ao aprobar a Lei de aproveitamento lúdico de augas termais que está a impulsar un crecemento ordenado e seguro deste sector.

Lorenzana recibía hoxe no seu despacho ao presidente do Grupo Ibereólica Renovables, Gregorio Álvarez, cuxa empresa está a impulsar un proxecto para a construción dun hotel balneario na ribeira do río Miño en Ourense. O encontro serviu tamén para explicar a tramitación ante a Consellería de Industria deste tipo de recursos que empregan as augas mineromedicinais e o seu aproveitamento en proxectos turísticos relacionados con augas termais.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/01/2026