Gardacostas de Galicia, Mariña Mercante e Sasemar reforzan a coordinación da seguridade no mar

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro do 2026

Gardacostas de Galicia, a Dirección Xeral de Mariña Mercante e Sasemar avanzan no desenvolvemento do acordo de colaboración mutua para a elaboración dun protocolo de actuación e coordinación conxunta que permita dar unha resposta axeitada e áxil ante posibles incidentes que requiran a mobilización dos medios marítimos, aéreos e terrestres de ambas administracións. Así o acordaron no transcurso dunha xuntanza na que tamén participou a conselleira do mar, Marta Villaverde.

Este foi un dos asuntos máis destacados do encontro co que os tres oganismos deron continuidade ao compromiso asumido de mellorar a cooperación en aras de prestar un mellor servizo á sociedade e, particularmente, ao sector marítimo pesqueiro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/01/2026