A Xunta e o Círculo de Empresarios avanzan na súa colaboración a prol da dinamización económica do rural galego

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, reuniuse hoxe no seu despacho de San Caetano con responsables do Círculo de Empresarios de Galicia.

Na xuntanza avaliáronse diferentes vías de traballo en común entre ambas partes a prol da dinamización económica do rural, especialmente a través da posibilidade de colaborar en eventos centrados na análise da situación actual e as perspectivas de futuro do agro galego, entre outras temáticas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/01/2026