Medio Rural e os principais axentes da cadea de distribución colaboran para fomentar a promoción dos produtos agroalimentarios de proximidade
2026-01-23
/documents/35297/2005356/260123_distribucio%CC%81n_x-1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2026
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo cos principais representantes da cadea de distribución que operan en Galicia, na que acordaron establecer vías de colaboración para fomentar a promoción dos produtos agroalimentarios de proximidade.
Neste sentido, abordaron a posibilidade de establecer unha campaña específica para dar a coñecer entre os consumidores a importancia de mercar produtos locais. Á reunión asistiron representantes de Carrefour, Froiz, Gadis, El Corte Inglés, Vegalsa Eroski, Grupo Cuevas, Alcampo, Lidl, Mercadona e Aldi.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 23/01/2026