Medio Rural e Hortasol avalían vías de colaboración a prol do desenvolvemento do sector hortícola galego

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2026

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, mantivo hoxe unha reunión con representantes da empresa Hortasol para avaliar vías de colaboración a prol do desenvolvemento do sector hortícola galego.

Neste sentido, cómpre salientar que a Consellería do Medio Rural conta co Plan Estratéxico da Horta de Galicia 2023-2030 para seguir potenciando este eido produtivo. O obxectivo deste proxecto é converter Galicia nun referente na produción hortícola de calidade, apostando pola sustentabilidade, a diversidade, o respecto polo medio ambiente, a innovación e a profeisonalidade para ofrecer ao mercado produtos frescos e transformados saudables, xerando valor económico e oportunidades de emprego e emprendemento no territorio.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/01/2026