Medio Rural e o Concello de Coristanco avanzan na súa cooperación para favorecer a actividade agraria na localidade
2026-01-27
/documents/35297/2013503/260127_Coristanco_x-1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2026
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, reuniuse hoxe co alcalde de Coristanco, Juan Carlos García, para avanzar na cooperación entre ambas administracións e favorecer a actividade agraria na localidade, especialmente no cultivo de pataca.
Cómpre salientar que a nosa comunidade conta coa Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia a través da que se comercializaron máis de 5 millóns de quilos no 2024, último ano con datos pechados. O seu valor económico supera os 3 millóns de euros e conta cunha superficie inscrita de 3.750 hectáreas.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 27/01/2026