Martina Aneiros felicita á Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña polos seus 50 anos
Ferrol, 28 de xaneiro de 2026
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada da Directora Xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, participou na inauguración da exposición Galicia, unha escola, en Exponav, con motivo do 50º aniversario do comezo das aulas na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.
A delegada territorial felicitou a este centro polos seus 50 anos de traxectoria como referente de formación universitaria de calidade neste eido, destacando a súa consideración como “motor da innovación e cultura arquitectónica”. Aneiros puxo en valor que desde a súa fundación en 1975, nesta Escola formáronse xeracións de arquitectos e arquitectas que hoxe son protagonistas da arquitectura galega, española e internacional e que permitiron que Galicia sexa un lugar de referencia neste ámbito.
Aneiros destacou que esta Escola “é un exemplo de como a universidade pública galega poder formar profesionais de excelencia, impulsar a investigación e contribuír ao desenvolvemento cultural e económico de Galicia”.