A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e o titular de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participaron hoxe na XVIII Festa do Cocido do Porco Celta de Sarria

Medio Rural pon en valor a colaboración co sector na recuperación da raza autóctona porco celta

A conselleira agradeceu o traballo de asociacións como Asoporcel e subliñou o papel do Goberno galego neste proceso, con axudas a criadores, investigación, protección da raza e promoción dunha marca que hoxe “é sinónimo de calidade, tradición e futuro”

Reafirmou o apoio a este recurso en particular e ás razas autóctonas gandeiras de Galicia en xeral, que definiu como un “auténtico orgullo” do rural galego

Sarria (Lugo), 31 de xaneiro de 2026

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, destacou hoxe o labor conxunto do sector e da Xunta de Galicia a prol da recuperación e impulso da raza autóctona porco celta. Así, puxo en valor o traballo das pequenas explotacións familiares e de asociacións como Asoporcel, así como o acompañamento do Goberno galego con axudas aos criadores, investigación, protección da raza e promoción dunha marca que hoxe -subliñou- “é sinónimo de calidade, tradición e futuro”.

Así o manifestou na XVIII Festa do Cocido do Porco Celta de Sarria, unha celebración á que tamén asistiu o seu homólogo de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos; o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o alcalde da localidade, Claudio Garrido.

No seu discurso, a titular de Medio Rural reafirmou o apoio da Xunta ao porco celta en particular e ás razas autóctonas gandeiras de Galicia en xeral, que constitúen “un auténtico orgullo” do agro galego e un reflexo de Galicia Calidade, salientou.

En definitiva, Gómez fixo fincapé no papel de gandeiros e gandeiras, das asociacións de criadores como Asoporcel, da industria, da distribución, da restauración e dos consumidores no impulso a esta raza. Subliñou tamén a importancia desta festa do cocido, na que participaron arredor de 700 comensais, como dinamizadora social e económica de toda a comarca.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/01/2026