A Xunta estuda vías de colaboración co concello de Cuntis para impulsar a mobilización de terras e a prevención de incendios forestais

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2026

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo no mediodía de hoxe unha reunión co alcalde no concello pontevedrés de Cuntis, Manuel Campos Velay, con quen tratou temas de interese para esta localidade sobre desenvolvemento rural e prevención de incendios forestais.

Nesta xuntanza, na que tamén estiveron presentes o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, avaliouse o estado dos diferentes instrumentos de mobilización e reestruturación de terras existentes no municipio e estudáronse vías de colaboración para avanzar no seu impulso. Por outra banda, abordáronse tamén os diferentes mecanismos de cooperación postos a disposición dos concellos no eido da prevención e extinción de incendios forestais, como é o caso do convenio para a xestión de biomasa nas faixas secundarias.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/02/2026