A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística abre as súas portas ao alumnado do instituto de Bertamiráns, en Ames, para promover a conciencia sobre o territorio no marco do Proxecto Terra da Xunta

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2026

A Xunta abre as súas portas aos escolares para promover a conciencia sobre o territorio na actividade: Eu son inspect@r urbanístic@. coida do territorio. coida do teu.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), Victoria Núñez, recibiu esta mañá ao alumnado e profesorado do Instituto Plurilingüe de Bertamiráns ,no concello de Ames, que organiza no marco do convenio de colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para desenvolver o Proxecto Terra.

A APLU, como ente consorcial adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e dedicado á conservación e protección do medio natural, organiza esta actividade, co principal obxectivo de sensibilizar e formar aos participantes sobre a importancia do medio ambiente e a ordenación do territorio.

A actividade que se desenvolve ao logo de toda a mañá de hoxe, ofrece aos estudantes a  oportunidade de aprender sobre a complexidade do territorio e a paisaxe, así como sobre os instrumentos urbanísticos que regulan os usos permitidos no mesmo. Comprender estes aspectos é fundamental para garantir un uso responsable e sustentable do entorno, tanto para as xeracións presentes como para as futuras.

A participación dos alumnos e alumnas do Instituto Plurilingüe de Bertamiráns, amosa o compromiso da Xunta coa educación ambiental e a promoción da cidadanía activa no coidado do territorio.

Con actividades como Eu son inspect@r urbanístic@. coida do territorio. coida do teu, a Xunta reafirma a súa misión de fomentar unha relación respectuosa e sostible entre a sociedade e o medio que nos rodea.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/02/2026