O delegado territorial da Xunta en Ourense mantén un encontro de traballo co alcalde de Nogueira de Ramuín
2026-02-10
/documents/35297/2029422/100226++P%C3%A9+de+Foto+-+Reuni%C3%B3n+alcalde+de+Nogueira+de+Ramu%C3%ADn+1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 10 de febreiro de 2026
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá co alcalde de Nogueira de Ramuín, Julio Carlos Temes, para avaliar posibles vías de cooperación conxunta de cara ao futuro e analizar os principais proxectos de interese municipal que se están a levar a cabo coa colaboración da Administración autonómica.
Manuel Pardo destacou a importancia de manter un diálogo continuo cos representantes das administracións locais co fin de coñecer de primeira man as súas necesidades en cuestións relacionadas coa Xunta, e así mellorar nestas competencias para o beneficio da veciñanza.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 10/02/2026