A delegada da Xunta en Ferrol participa na presentación do campionato galego de seleccións comarcais masculinas que terá lugar en Narón

Narón (A Coruña), 12 de febreiro de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá na presentación do Campionato Galego de Seleccións Comarcais Masculinas de fútbol que a Real Federación Galego de Fútbol organiza o próximo martes 17 de febreiro no Estadio Municipal de Río Seco (Narón).

Na cita participarán máis de 300 nenos das categorías alevín e infantil procedentes de todos o puntos de Galicia. Logo de xogar  unha liguilla de grupos, as seleccións clasificadas no primeiro posto de cada grupo xogarán a gran final para conseguir o trofeo de campión galego. Os mellores xogadores do Comarcal serán os que representen a Galicia no Campionato de España.

A delegada territorial ratificou o auxe que está a vivir o deporte federado e escolar en Galicia e destacou o apoio do Goberno galego ás distintas federacións deportivas, entre elas á Real Federación Galega de Fútbol, para o desenvolvemento da súa actividade deportiva federada. Ademais puxo en valor as cifras históricas acadadas polo programa Xogade, que aglutina toda a oferta deportiva escolar e federada para os rapaces entre 6 e 16 anos e as licenzas das federacións deportivas, “con preto de 147.000 nenos e nenas participantes, representando xa o 66% do total de escolares nesa franxa de idade”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/02/2026