Diego Calvo participa na homenaxe a José Ramón Lete Lasa organizada en Vigo
2026-02-12
/documents/35297/2029431/20260212HomenaxeLeteLasa1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral para o Deporte, Roberto García, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este serán na homenaxe organizada polo Real Club Celta de Vigo e a Real Federación Galega de Fútbol ao exsecretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa. Na súa intervención, o conselleiro destacou o compromiso co deporte galego demostrado por Lete Lasa ao longo da súa ampla traxectoria, así como a súa capacidade de diálogo e de escoita cos diferentes axentes do sector.
Data de actualización: 12/02/2026