A conselleira María Martínez Allegue e o conselleiro José González Vázquez asisten á Estrea dos peliqueiros no entroido de Laza
2026-02-15
/documents/35297/2029437/IMG-20260215-WA0001.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Laza (Ourense), 15 de febreiro de 2026
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González Vázquez, asistiron hoxe ás celebracións do tradicional entroido de Laza.
Os conselleiros participaron no Domingo de Estrea, xornada na que fan a súa primeira aparición no entroido os peliqueiros. Na súa visita ao concello ourensán, Allegue e González puideron coñecer o ritual da vestimenta dos peliqueiros e participaron na tradicional recepción a estas máximas autoridades neste entroido de Laza, así como no posterior reparto da bica.
Data de actualización: 15/02/2026