A Xunta homenaxea a selección galega sub-20 e a atleta sub-18 Paula Fernández, ouros no Campionato de España de campo a través

Foron recibidas polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo

As integrantes do equipo sub-20 coparon os catro primeiros postos da clasificación, con Sandra González e as irmás Demeku e Debris Panigua no podio, Sabela Martínez cuarta e María Estévez undécima

Santiago de Compostela, 16 de febreiro

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo secretario xeral para o Deporte, Roberto García, recibiu hoxe as integrantes das seleccións galegas de atletismo sub-18 e sub-20 que se proclamaron campioas de España de campo a través no Campionato nacional que se desenvolveu o pasado mes de xaneiro na localidade cordobesa de Almodóvar del Río.

A selección galega feminina sub-20 alzouse co Campionato de España por equipos, copando os catro primeiros postos da clasificación individual. Sandra González (Atlético Lucense) conquistou o ouro, mentres que as irmás Demeku e Debris Paniagua (Club Atletismo O Pino) gañaron a prata e o bronce. Ademais Sabela Martínez (Sociedad Gimnástica Pontevedra) foi cuarta e María Estévez (tamén da Sociedad Gimnástica de Pontevedra) chegou de undécima á meta.

As conquistas galegas completáronse co ouro da compostelá Paula Fernández (Sociedad Gimnástica Pontevedra) na proba sub-18.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/02/2026