A conselleira María Martínez Allegue resalta a flor da camelia como símbolo do Val do Ulla

Allegue pronunciou o pregón nas `XXX Xornadas arredor da camelia do Val do Ulla´, nas que salientou que “Vedra converteu esta flor en patrimonio vivo”

A conselleira tamén participou na entrega de obsequios e recoñecementos a asociacións e persoas que traballan a prol da posta en valor da camelia

Vedra (A Coruña), 22 de febreiro de 2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, resalta a flor da camelia como símbolo do Val do Ulla. Allegue pronunciou o pregón das XXX Xornadas arredor da camelia do Val do Ulla e agradeceu á Asociación Amigos da Camelia Val do Ulla e ao Concello o seu nomeamento como pregoeira. Neste encontro tamén estivo presente a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo; e previamente, o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, visitou o stand da Ruta da Camelia.

Lembrou que Vedra foi o Concello no que tivo a súa primeira experiencia laboral e subliñou que este municipio “converteu a camelia en patrimonio vivo”.

Subliñou os trinta anos deste evento “que atrae visitantes de toda Galicia, proxecta o nome de Vedra, dinamiza o comercio local, a hostalaría e o tecido asociativo”.

Ademais a conselleira tamén participou na entrega de obsequios e recoñecementos a asociacións e persoas que traballan a prol da posta en valor da camelia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/02/2026