Javier Arias reúnese co alcalde de Baralla para analizar proxectos de interese local
Lugo, 23 de febreiro de 2026
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse hoxe co alcalde de Baralla, Miguel González, para analizar diferentes proxectos de interese local, principalmente en materia de infraestruturas.
Entre as actuacións máis recentes, Arias destacou as obras de mellora que se están a executar na estrada autonómica LU-710 ao seu paso polo municipio, nun treito de 4,5 quilómetros que conecta a N-VI coa autoestrada A-6. A Administración galega destina 2,3 millóns de euros a estes traballos.
Noutra orde de cousas, o delegado referiuse tamén á colaboración para ampliar a biblioteca municipal coa concesión dunha achega de 33.600 euros parte da Xunta, con cargo á orde de axudas dirixidas a concellos para a mellora de infraestruturas. A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes destinou en 2025 preto de 765.000 euros a cooperar con 23 administracións locais da provincia no acondicionamento de instalacións públicas a través deste programa.