A Xunta adxudica por preto de 430.000 euros as obras de mellora da contorna do Centro de Estancia de Agrelo, no Concello do Campo Lameiro

Esta intervención permitirá humanizar o espazo que rodea o edificio garantindo a accesibilidade

A actuación enmárcase no Plan Hurbe da Xunta e completará este equipamento municipal coa urbanización da parcela que rodea o edificio e a habilitación dun acceso peonil e rodado ás instalacións

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2026

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas,  adxudicou por un importe de preto de 430.000 euros as obras de urbanización da contorna do Centro de Estancia de maiores de Agrelo, no concello do Campo Lameiro.

A intervención, adxudicada á empresa Novavial, S.L., e conta cun prazo de execución de 6 meses desde a sinatura da acta de comprobación da implantación.

Esta nova actuación do departamento que dirixe M. Allegue enmárcase no Plan Hurbe e permitirá completar o citado equipamento municipal a través da urbanización da parcela que rodea o edificio, a carón da igrexa de San Miguel do Campo, e a habilitación dun acceso peonil e rodado ás instalacións.

Ademais da habilitación destes accesos, os traballos tamén incluirán a execución de muros de contención en pedra, nova iluminación, a mellora da sinalización, o redeseño do mobiliario urbano, así como a plantación árbores.

Tamén se instalarán varandas e soterraranse as liñas de alumeado e tendido eléctrico. Al lado do edificio, ademais, instalaranse aparellos de exercicio saudables e unha pista de petanca.

Esta actuación levarase a cabo seguindo o convenio asinado entre Xunta e Concello para abordar esta actuación ao abeiro do Plan Hurbe, a Xunta aportará o 51% do investimento total, ademais de licitar e executar as obras, mentres que o Concello asume o 49%, realizará as xestións pertinentes para posibilitar a súa execución, e comprométese á recepción, mantemento e conservación das actuacións que incorporará ao patrimonio público municipal.

A través do Plan Hurbe a Administración autonómica apoia aos municipios para financiar diferentes tipos de intervencións dirixidas a completar equipamentos, mellorar a accesibilidade ou transformar contornas urbanas.

Data de actualización: 04/10/2026