O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na presentación da proba deportiva transfronteiriza ‘Circuito da Auga’

Ourense, 02 de marzo de 2026

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na sede da Eurocidade Chaves–Verín, na presentación da nova iniciativa deportiva transfronteiriza Circuito da Auga 2026.

Manuel Pardo explicou que este proxecto, que desenvolve as asociacións A Revolta Irmandiña (Verín–Monterrei) e Flavius Challenge (Chaves), nace coa vontade de reforzar os vínculos existentes entre Galicia e Portugal a través do deporte e da cooperación entre axentes públicos e privados.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/03/2026