A Sociedade Anónima do Plan Xacobeo recibe o Premio Servir dos clubs rotario de Galicia
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recolleu hoxe o Premio Servir que os clubs rotarios de Galicia lle concederon á Sociedade Anónima do Plan Xacobeo por contribuir á promoción do Camiño de Santiago, a recuperación de lugares abandonados e a posta en marcha dunha rede pública de albergues.
Durante o acto, Diego Calvo agredeceu o recoñecemento e destacou o servizo á comunidade como principio compartido entre as administración públicas e os clubs rotarios. O conselleiro salientou que o labor desenvolvido pola Xunta para impulsar o Camiño de Santiago levou a superar o medio millón de peregrinos en 2025, ademais de potenciar a conservación do patrimonio, a revitalización do territorio e a proxección de Galicia no mundo.