Diego Calvo acompaña nun adestramento ás integrantes da asociación Bolboretas a Coruña Dragón Boat BCS
2026-03-08
/documents/35297/2040138/20260308AdestramentoBolboretas1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
A Coruña, 8 de marzo de 2026
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, con motivo do 8M, Día Internacional das Mulleres, acompañou hoxe xunto ao secretario xeral para o Deporte, Roberto García, ás integrantes da asociación deportiva e cultural Bolboretas A Coruña Dragón Boat BCS nun dos seus adestramentos na Marina da Coruña. Destacou o exemplo de superación que representan as mulleres que padecen ou padeceron cancro de mama que forman parte desta entidade destinada á práctica a modalidade de piragüismo en barco dragón. Tamén amosou o apoio da Xunta a iniciativas coma estas que promoven a igualdade e os beneficios da práctica do deporte, neste caso durante o proceso de recuperación.
Data de actualización: 08/03/2026