O seguimento na quenda de tarde da folga de atención primaria acada o 2,89 % na sanidade pública galega

No que vai de mes, o paro supuxo a suspensión de052 consultas

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2026

O seguimento da folga de atención primaria convocada pola organización sindical O’Mega na quenda de tarde deste venres foi do 2,89 % nos centros sanitarios da comunidade galega.

Por áreas sanitarias, o seguimento na área sanitaria da Coruña e Cee foi do 1,92 %; na de Santiago de Compostela e Barbanza, 0,88 %; na de Pontevedra e O Salnés, 2,44 %; e na de Vigo, 9,38 %. A folga non tivo seguimento na quenda de tarde nas áreas sanitarias de Ferrol; Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; e Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

O Servizo Galego de Saúde conta na xornada de hoxe coa cobertura do 100 % dos servizos mínimos, garantindo a actividade asistencial urxente e de emerxencias.

Como consecuencia da folga de facultativos de atención primaria convocada pola organización sindical O’Mega en nove xornadas de folga, entre o luns 2 e o xoves 12 de marzo, suspendéronse 43.052 consultas en Galicia.

Data de actualización: 13/03/2026