Activo un incendio no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, dentro do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés
O lume iniciouse ás 07.23 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 4 hectáreas
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2026
A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, dentro do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.
O lume iniciouse ás 07.23 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor 4 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 5 axentes, 4 brigadas e 3 motobombas.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.