Arias reúnese co novo responsable da Brigada da Policía Xudicial de Lugo, Francisco Vázquez
2026-03-23
/documents/35297/2062013/230326+RecepcionPoliciaXudicial.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 23 de marzo de 2026
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, reuniuse esta mañá na Delegación Territorial co novo xefe de Brigada da Policía Xudicial en Lugo, Francisco Vázquez, que dende o ano 2020 ocupaba a xefatura do Grupo Operativo da Unidade de Policía Adscrita (UPA) de Galicia na provincia. Na xuntanza tamén estivo o máximo responsable da UPA en Lugo, Moisés Muñiz.
Arias desexoulle a Vázquez sorte nas súas novas responsabilidades no corpo de Policía Nacional. Reiterou o compromiso da Xunta de seguir fortalecendo a colaboración e a coordinación entre os distintos corpos de seguridade, que desenvolven unha función esencial na protección da cidadanía.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 23/03/2026