Controlado o incendio forestal do concello lucense de Ourol, parroquia de Merille

O lume iniciouse ás 17,02 horas do martes 29 de setembro e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 71,98 hectáreas

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2026

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello lucense de Ourol, parroquia de Merille, quedou controlado ás 10,25 horas de hoxe.

O lume iniciouse ás 17,02 horas do martes 29 de setembro e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 71,98 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 2 técnicos, 50 axentes, 66 brigadas,  53 motobombas, 4 pas e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.

Data de actualización: 03/10/2026