A Xunta celebra o Día da Árbore coa plantación de especies frondosas no IES de Salvaterra

Salvaterra de Miño (Pontevedra), 25 de marzo de 2026

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, participaron este mércores no proxecto do Instituto de Educación Secundaria (IES) de Salvaterra para a plantación de especies frondosas con motivo do Día da Árbore.  Os escolares de 2º e 3º da ESO plantaron nunha finca municipal anexa ao centro abeduis e loureiros procedentes do viveiro de San Breixo, da Xunta de Galicia, e sobreiras e érbedos, do Concello de Salvaterra, coa axuda de cuadrillas forestais.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/03/2026