Un total de 59 equipos compostos por 240 estudantes avanzan á segunda fase do programa Innovatech FP
A directora xeral de FP participa nunha xornada formativa en Culleredo con 84 alumnos de oito centros
Os equipos seleccionados desenvolverán solucións innovadoras a 20 retos reais propostos por empresas
Culleredo (A Coruña), 27 de marzo de 2026
Un total de 59 equipos compostos por 240 estudantes avanzan á segunda fase do programa InnovaTech FP, unha iniciativa da Xunta de Galicia que impulsa a innovación aplicada na Formación Profesional. A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, asistiu hoxe no Centro Integrado de FP Universidade Laboral de Culleredo a unha xornada formativa dirixida ao alumnado participante.
A sesión, centrada no deseño de produtos mínimos viables, reuniu a 84 estudantes de oito centros educativos, que adquiriron ferramentas e coñecementos orientados á aplicación práctica e á resolución de problemas reais. Durante a súa intervención, a representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destacou que este tipo de experiencias “permiten ao alumnado avanzar na súa formación a través da innovación aplicada, desenvolvendo propostas útiles e conectadas coas necesidades das empresas”.
Nesta actividade participaron estudantes do Instituto Terra de Xallas (Negreira), Centro Intregado de FP Politécnico de Santiago, Centro Integrado de FP Universidade Laboral (Culleredo), Centro Integrado de FP Ferrolterra (Ferrol), Instituto Fernando Wirtz Suárez, Centro Integrado de FP Ánxel Casal-Monte Alto, Centro Integrado de FP Someso e Centro Integrado de Paseo das Pontes, estes últimos catro de A Coruña, que están a traballar en distintos retos tecnolóxicos vinculados a sectores estratéxicos.
Segunda fase do programa
O programa InnovaTech FP avanza xa á súa segunda fase, na que participan os equipos que presentaron as propostas iniciais máis destacadas. En total, dos 254 equipos iniciais foron seleccionados 59, que agora continuarán desenvolvendo as súas solucións ata o final de curso. Para esta fase, o alumnado conta co apoio técnico do Centro Galego da Innovación da FP Eduardo Barreiros, con sede en Ourense, que actúa como referencia no acompañamento destes proxectos.
A directora xeral puxo en valor, así mesmo, o papel de InnovaTech FP como un instrumento clave para reforzar a colaboración entre o sistema educativo e o ámbito empresarial, ao tempo que contribúe a formar profesionais cualificados, con capacidade para afrontar os retos actuais do mercado laboral. Nesta terceira edición, os equipos seleccionados traballarán no desenvolvemento de solucións tecnolóxicas innovadoras para dar resposta a un total de 20 retos formulados por empresas punteiras do tecido produtivo galego.
A directora tamén destacou os resultados acadados en edicións anteriores, lembrando iniciativas como Netclean, un sistema autosuficiente para a xestión de fosas sépticas en contornos rurais desenvolvido polo alumnado do CIFP Valentín Paz Andrade, que supón a primeira patente da FP galega, ou a creación da empresa de calzado artesanal RQR, xurdida dun proxecto gañador da primeira edición. Na actualidade, tamén está en desenvolvemento Escoitatech, outro proxecto emprendedor nacido no marco deste programa.
Os equipos seleccionados para a segunda fase son os seguintes:
|
EMPRESA |
RETO |
CENTROS SELECCIONADOS |
|
Naturgy |
Mellora da integración ambiental das presas. |
- IES Plurilingüe de Valga - CIFP Valentín Paz Andrade - IES O Ribeiro |
|
L’Oréal |
Plataforma dixital integral para a xestión dun salón de perruquría. |
- IES de Teis - IES Indalecio Pérez Tizón - IES de Vilalonga |
|
Veolia |
Sistema integral de peletización para converter residuos en pellets. |
- CIFP Ánxel Casal-Monte Alto - IES de Vilalonga |
|
Finsa |
Alternativas innovadoras para valorizar virutas de piñeiro. |
- CIFP A Granxa - CIFP de Cantería de Galicia - CIFP Politécnico de Santiago |
|
ElPulpo |
Aplicación que relacione a disposición do mobiliario nas tendas coas vendas. |
- IES García Barbón e o CIFP A Carballeira Marcos Valcárcel - CIFP As Mercedes - CIFP Portovello |
|
Fundación San Rosendo |
Protocolo de aplicación da musicoterapia en centros asistenciais. |
- IES Frei Martín Sarmiento - CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel - CIFP As Mercedes |
|
DIESEMM |
Plataforma dixital de xestión do turismo deportivo en Galicia. |
- CIFP Politécnico de Lugo - CIFP A Farixa - CIFP Universidade Laboral |
|
REPSOL |
Sistema de control en tempo real de materiais dispoñibles nunha planta. |
- CIFP Montecelo - CIFP Politécnico de Santiago - CIFP Ferrolterra |
|
EBA |
Solución dixital que integre información loxística e produtiva na fabricación de mobiliario de alta gama. |
- IES Terra de Xallas - CIFP Ferrolterra - CIFP As Mercedes |
|
GRUPO CUEVAS |
Sistema para depurar, reciclar e aproveitar a auga do procesado da castañada. |
- IES María Sarmiento - CIFP A Farixa - CIFP Ferrolterra |
|
WINDWAVES |
Sistema automatizado de lectura dixital e mecanizado de precisión. |
- CIFP Politécnico de Santiago - CIFP Ferrolterra - CIFP Politécnico de Santiago |
|
GESTÁN |
Prototipo para transformar residuos complexos en novos materiais. |
- CIFP de Cantería de Galicia - CIFP Someso - CIFP Someso |
|
QUESCREM |
Métodos non invasivos para restaurar a capacidade das membranas. |
- CIFP Paseo das Pontes - CIFP Politécnico de Vigo - CIFP A Granxa |
|
HP |
Plataforma con IA para monitorizar en tempo real o tráfico marítimo. |
- IES Fernando Wirtz Suárez - CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel - CIFP Universidade Laboral |
|
APPLUS+ |
Sistema de mediación de caudal fiable, accesible e de baixo custo. |
- CIFP Ferrolterra - CIFP Politécnico de Santiago - CIFP Politécnico de Lugo |
|
CIE GALFOR |
Sistema de garras ou suxeición para manipular pezas de aluminio. |
- IES Politécnico de Vigo - IES Politécnico de Vigo - CIFP Ferrolterra |
|
PORTUMUIÑOS |
App interactiva para descubrir o potencial culinario das algas. |
- CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel - CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel - CIFP Politécnico de Lugo |
|
GRI TOWERS |
Visión artificial para detectar defectos en chapas de aceiro. |
- CIFP Montecelo - IES Fernando Wirtz Suárez - IES Manuel Chamoso Lamas |
|
RODRÍGUEZ LÓPEZ AUTO |
Solucións innovadoras para optimizar unións entre distintos materiais. |
- IES Universidade Laboral - CIFP Manuel Antonio e o CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel - IES O Ribeiro |
|
GRUPO INTAF |
Carro de ferramentas modular para subministración en postos industriais. |
- IES Manuel Chamoso Lamas - CIFP Ferrolterra - CIFP Fontecarmoa |