Medio Rural reforza a súa cooperación co Clúster Alimentario a prol da mellora do sector primario
Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2026
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, mantivo este mediodía unha xuntanza cos responsables do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga).
O encontro serviu para intensificar a colaboración entre ambas as dúas partes con vistas a reforzar a competitividade e sustentabilidade do sector primario da nosa comunidade. Así, contémplase o fortalecemento de proxectos e iniciativas conxuntas, aproveitando o importante papel que vén desempeñando o Clúster en materias como a innovación, a formación ou a mellora da comercialización e a internacionalización dos produtos do agro.