Extinguido o incendio do concello pontevedrés de Rodeiro, parroquia da Portela

O lume afectou finalmente unha superficie de 15,16 hectáreas, todas elas de monte raso

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2026

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello pontevedrés de Rodeiro, parroquia da Portela, quedou extinguido ás 19.42 horas de hoxe.  

Este lume iniciábase ás 21.39 horas de onte luns e afectou finalmente unha superficie de 15,16 hectáreas, todas elas de monte raso. Para a súa extinción mobilizáronse, en conxunto, 4 axentes, 9 brigadas, 5 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

Data de actualización: 01/04/2026