Fabiola García participa na Procesión de los Hermanos en Santiago de Compostela
2026-04-04
/documents/35297/2073785/260404_PolScial_PrcsionHermanos_MAC-01.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 4 de abril do 2026
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, participou esta mañá na Procesión de los Hermanos, da Real Confraría do Santísimo Cristo da Unción e Nosa Señora da Serenidade.
A procesión comezou na capela do Colexio da Inmaculada e percorreu unha ducia de rúas do centro histórico de Santiago de Compsotela, pasando pola praza de Praterías. As imaxes do Santísimo Cristo da Unción e a Nosa Señora da Serenidade saíron acompañadas pola Escolta de Gala da Brilat e a súa Banda.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 04/04/2026