Medio Rural destaca o papel das festas gastronómicas á hora de promocionar os produtos agroalimentarios
2026-04-04
/documents/35297/2073785/20260404FestaVitelaBolo.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
O Bolo (Ourense), 4 de abril de 2026
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu á XVI Festa da Vitela que se celebra hoxe no Bolo. Alí destacou o papel deste tipo de festas gastronómicas pola súa contribución á promoción dos produtos agroalimentarios galegos. Neste sentido, a Festa da Vitela inclúe unha feira de produtos tradicionais, con postos de mel, queixos, panadaría ou embutidos, entre outros.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 04/04/2026