Extinguido o incendio forestal do concello coruñés de Carballo, parroquia de Noicela

O lume, que se iniciou onte ás 14.20 horas xuntouse con outro rexistrado na localidade limítrofe da Laracha, parroquia de Caión, afectou finalmente unha superficie de 186,5 hectáreas das cales 105,5 se corresponden con monte arborado e 81 con raso

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2026

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio do concello coruñés de Carballo, parroquia de Noicela, que se xuntou con outro rexistrado na localidade limítrofe da Laracha, parroquia de Caión, quedou extinguido ás 19.11 horas de hoxe.

O lume iniciouse onte ás 14.20 horas e finalmente afectou unha superficie de 186,5 hectáreas, das cales 105,5 se corresponden con monte arborado e 81 con raso. Para a súa extinción mobilizáronse en total 4 técnicos, 17 axentes, 21 brigadas, 20 motobombas, 2 pas, 3 unidades técnicas de apoio, 3 helicópteros e 4 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

Data de actualización: 07/04/2026