A Xunta gaba a creatividade do alumnado do Instituto de Chacheiras e do centro integrado de FP Compostela na exposición ‘Esculturas do vento’
Santiago de Compostela, 9 de abril de 2026
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, gabou hoxe a creatividade do alumnado do Instituto de Cacheiras (Teo) e do Centros Integrado de FP Compostela (Santiago de Compostela) que estes días queda de manifesto na segunda edición da exposición Esculturas do vento. Entre a fe e a fantasía nos tellados de Compostela, que pode visitarse ata o 10 de abril na Hospedaría de San Martiño Pinario.
A mostra está conformada por pezas plásticas inspiradas nas gárgolas e figuras dos tellados da cidade creadas por alumnado de 1º e 3º de Educación Secundaria Obrigatoria do IES de Cacheiras con técnicas como o modelado en 3D, mesturando o patrimonio histórico cunha ollada propia da súa idade. Os estudantes dos ciclos da familia profesional de Artes gráficas do CIFP Compostela colaboran realizando o deseño da imaxe gráfica da exposición –carteis, flyers e roll-ups–, que contribúe a reforzar a identidade visual da mostra.