A Xunta e a Asociación Forestal de Galicia afondan na súa colaboración en materia de defensa do monte
2026-04-23
/documents/35297/2096350/20260423_ManuelFrancisco_AFG.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 23 de abril de 2026
O director xeral de Defensa do Monte da Consellería do Medio Rural, Manuel Francisco, reuniuse hoxe con responsables da Asociación Forestal de Galicia. O encontro serviu para avanzar na colaboración entre a Xunta e esta entidade en materia de defensa do monte e xestión forestal.
En concreto, abordáronse cuestións como as axudas destinadas aos montes veciñais en man común para a prevención dos incendios forestais ou a xestión da biomasa nas faixas secundarias. Neste sentido, cómpre lembrar que a Consellería do Medio Rural asinou un convenio coa empresa pública Seaga para apoiar a propietarios e concellos á hora de realizar estas tarefas, o cal está dotado cun orzamento de 25 millóns de euros anuais.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 23/04/2026